Por que é importante a postura ao durmir?
A postura na que durmimos condiciona a forma na que a nosa columna se aliña, como se distribúe o peso e que partes do corpo soportan máis presión. Un colchón adecuado debe adaptarse a todo isto para ofrecer un descanso profundo e sen molestias.
1. Se dormes de lado
É unha das posturas máis comúns e tamén unha das máis delicadas. Os puntos de presión concéntranse nos ombreiros e cadeiras, polo que necesitas un colchón que amorteza sen afundirse en exceso.
- Firmeza recomendada: media ou media-suave.
- Colchóns Dorminoite recomendados: O Grove Verde ou Cíes Blanco, pola súa adaptabilidade progresiva.
- Consello extra: Engade unha boa almofada de altura media para protexer as cervicais.

2. Se dormes boca arriba
Esta postura favorece unha mellor aliñación da columna, sempre que o colchón ofreza un soporte firme sen ser duro. O corpo debe manterse recto sen forzar a zona lumbar.
- Firmeza recomendada: media ou media-firme.
- Colchóns Dorminoite recomendados: O Grove Vermello ou Tambo Vermello, perfectos para manter as costas estables durante toda a noite.
- Consello extra: Usa unha almofada baixa ou anatómica para non forzar o pescozo.

3. Se dormes boca abaixo
Esta postura non é a máis recomendable, xa que pode tensionar o pescozo e a zona lumbar. Neste caso, é clave evitar colchóns moi brandos que afundan o corpo e aumenten a presión no abdome.
- Firmeza recomendada: media-firme ou firme.
- Colchóns Dorminoite recomendados: Tambo ou modelos con HR extrafirme e muelles ensacados.

E se cambias de postura durante a noite?
Se non tes unha postura fixa ou dás moitas voltas mentres dormes, o mellor é optar por un colchón con alta adaptabilidade e boa transpirabilidade. Así axustarase aos teus movementos sen interromper o descanso.
En Dorminoite, os colchóns con muelles ensacados + viscoelástica son unha opción equilibrada para todo tipo de dormentes inquedos.
Conclusión
Elixir colchón non vai só de gustos: vai de saúde. Coñecer a túa postura e que firmeza necesitas é o primeiro paso para durmir ben. E se aínda tes dúbidas, en Dorminoite axudámoste a atopar o modelo perfecto con 120 noites de proba e asesoramento personalizado en tenda e en liña.
Preparado para durmir como mereces? Fai match co teu colchón ideal en Dorminoite.
Encuentra el colchón perfecto para tu tipo de descanso
Ver colchones →


