En Dorminoite seguimos soñando en grande. Comezamos como unha tenda en Pontevedra, e hoxe xa podemos dicir que somos unha marca galega consolidada no mundo do descanso. Coa nosa tenda da Avenida de Lugo como base, e a recente apertura en Gagos de Mendoza, agora damos o salto que nos pedía moita xente: abrimos tenda online.
De Galicia, para Galicia (e máis alá)
A historia de Dorminoite comeza con Laureen Solla, unha galega que viviu fóra moitos anos e decidiu volver a casa cunha idea entre cella e cella: axudar a que a xente durmise mellor.
Ao regresar, deuse conta de que en Galicia facía falta algo diferente: unha marca próxima, con produtos de verdade, sen palabrería nin prezos inflados.
Así naceu Dorminoite. Unha marca galega, feita con agarimo e con retranca, pensada para quen valora o descanso, o deseño funcional e o trato de ti a ti.

A tenda de sempre, máis preto ca nunca
Queremos que merques un colchón coma se o recomendase alguén de confianza. Por iso, a nosa tenda online mantén o mesmo trato que en persoa: asesoramento personalizado, fichas claras, consellos honestos, produtos probados por nós mesmos e 120 noites de proba. Se non dormes ben, cambiámoscho. Sen trampa nin cartón.
Visítanos (na rede ou en persoa!)
Se estás por Pontevedra, podes vir vernos a calquera das nosas dúas tendas, estaremos encantados de axudarche. Pero se non podes vir, agora tamén podes escoller o teu colchón desde casa con toda a confianza de sempre. Deseñamos a web pensando en ti: sinxela, directa e con todo o que necesitas para durmir ben. A nosa web terá ademais multitude de formas de contactar connosco, así que se dubidas con algo, non o dubides, aquí estamos para ti.
O que vén: descanso, tecnoloxía e moitas sorpresas
A tenda online é só o principio. Nos próximos meses iremos incorporando novos produtos, servizos dixitais e algunha que outra sorpresa. Porque se algo temos claro en Dorminoite é que descansar ben é unha necesidade, e tamén pode ser unha experiencia agradable, próxima e diferente.
Grazas por estar aí. Seguimos soñando.
Encuentra el colchón perfecto para tu tipo de descanso
Ver colchones →


